Que teñen en común, unha folla dun fento, un copo de neve, un pulmón, un ril humano, a costa da Morte… Un matemático dirá: "Son fractales". A palabra fractal , deriva do latin fractus , que significa quebrado ou fracturado. Foi proposta no ano 1975 polo pai da xeometría fractal, o matemático Benoit Mandelbrot. Os fractales son estruturas xeométricas que teñen a propiedade de repetir un mesmo elemento xeométrico ou espacial en cada plano, unha e outra vez. Teñen a propiedade de ser autosemellantes que se compoñen de copias cada vez máis pequenas de si mesmas. O exemplo máis coñecido é a chamada “alfombra de Sierpinski”. O rixinal Paso 1 Paso 2 Un bo exemplo no Camiño de Santiago, é o fento, cuxas follas producen copias cada vez máis peq...