Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como consellos

Uso aconsellado da mochila

Consellos útiles: Mochila para rutas de sendeirismo Distribuir correctamente o peso. Á hora de facer a mochila, hai que guiarse por dous principios fundamentais: 1-Colocar os obxectos en función do seu peso. Centrar os obxectos pesados en torno a un imaxinario eixe central e rodealo cos elementos máis lixeiros e flexibles, ata conseguir un conxunto uniforme que evite desprazamentos. O correcto enchido da mochila é importante. 2- Colocar os obxectos en función da súa utilidade. Todo aquelo que sexa imprescindible ao longo do camiño (bebida, unha prenda de abrigo…) poñerase na parte de arriba ou nos bolsillos exteriores. Como levar unha mochila A mochila ten que ir totalmente pegada á espalda, polo que deben tensarse ao máximo as hombreiras e correas de modo que se adapten por completo ao contorno do corpo. Hai que axustar ben o cinturón á cintura para liberar á columna e aos ombreiros de gran parte do peso. Colocación: Posición incorrecta da mochila O peso recae sobre os riles forzando...