Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como IA

Andaina

Coa entrada da primaveira preparamos unha andaina dende o noso centro educativo por un pequeno tramo do Camiño de Inverno. Previamente fixemos unha análise das observacións que se poderían facer no percorrido dende distintos puntos de vista, e que nos levarían, mais tarde, a desenvolver contidos das nosas materias. Imaxes tomadas durante a preparación da andaina Foron moitas as ideas traballadas polo profesorado implicado, das que, finalmente, seleccionamos dúas: "medicións" e "Machine Learning". MEDICIÓNS e APRENDIZAXE MÁQUINA Os teléfonos móbiles permiten a toma de datos desasistida/asistida. Nós empregaremos as aplicacións do IGN  para gravar o track e puntos de interese. Con respecto á medición de ángulos usaremos o pendentímetro de elaboración propia, e para a tarefa de "Machine Learning", google lens . Estas observacións gardaranse nos formularios creados no proxecto " Andaina Caminho de Inverno ", desenvolvido coa aplicación Epicollect5 ,...

Intelixencia Artificial e arqueoloxía no Camiño de Inverno

Vestixios arqueolóxicos A comarca de Valdeorras é unha das mais prolíferas en patrimonio mineiro, arqueolóxico e monumental de Galicia. Ainda que un dos lugares mais coñecidos de explotación de ouro que percorre o Camiño de Inverno é o Monumento Natural de As Médulas, ou tamén o tunel romano de Boca do Monte en Montefurado, hai outros vestixios na entrada do Camiño en Galicia que teñen grande interese cultural. Vilamartín de Valdeorras é un bo exemplo da explotación mineira romana, que comeza no ano 10 antes de Cristo. As covas que, na actualidade se usan como adegas, foron, posiblemente, galerías nesta época. A nosa proposta é sumar ao percorrido do camiño elementos arqueolóxicos e tamén xeolóxicos. Para iso non fará falla ser un experto na materia, xa que empregaremos unha aplicación de Intelixencia Artificial que nos axudará coa localización e clasificación dos restos, e das rochas que vaiamos atopando. App de Intelixencia Artificial Google Lens Unha vez mais, a factoría google vai ...