Ir al contenido principal

Intelixencia Artificial e arqueoloxía no Camiño de Inverno

Vestixios arqueolóxicos

A comarca de Valdeorras é unha das mais prolíferas en patrimonio mineiro, arqueolóxico e monumental de Galicia. Ainda que un dos lugares mais coñecidos de explotación de ouro que percorre o Camiño de Inverno é o Monumento Natural de As Médulas, ou tamén o tunel romano de Boca do Monte en Montefurado, hai outros vestixios na entrada do Camiño en Galicia que teñen grande interese cultural.

Vilamartín de Valdeorras é un bo exemplo da explotación mineira romana, que comeza no ano 10 antes de Cristo. As covas que, na actualidade se usan como adegas, foron, posiblemente, galerías nesta época.

A nosa proposta é sumar ao percorrido do camiño elementos arqueolóxicos e tamén xeolóxicos. Para iso non fará falla ser un experto na materia, xa que empregaremos unha aplicación de Intelixencia Artificial que nos axudará coa localización e clasificación dos restos, e das rochas que vaiamos atopando.

App de Intelixencia Artificial Google Lens

Unha vez mais, a factoría google vai por diante no mundo da tecnoloxía. O súa nova aplicación, "Lens", permite realizar búsquedas por imaxes ás que logo podemos implementar unha acción adicional, por exemplo, no caso dun texto, facer unha traducción, ou no caso dun edificio, obter a súa dirección e información vinculada.

Logo da aplicación Google Lens

Para os camiñantes observadores e curiosos, a aplicación será a vía de entrada ao mundo da arqueoloxía e da xeoloxía.

Mais información

Sobre a aplicación Google Lens

https://lens.google.com/intl/es-419/

Sobre os petroglifos do oriente de Ourense

http://www.cronicasdelaemigracion.com/opinion/isaac-otero/petroglifos-castros-oriente-ourense/20180604120254086776.html

https://www.laregion.es/articulo/valdeorras/valdeorras-reivindica-valor-minas-oro-romanas/20130520074005007192.html

Blog con información sobre patrimonio galego:

http://onosopatrimonio.blogspot.com/

Do mesmo autor, Xabier Moure:

http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xabier-moure/

Xa mais lonxe, o achádego dunhas pinturas rupestres, foi un dos achádegos mais importantes do ano 2019, neste artigo pódese lér esta información:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2020/02/19/span-langgl-xunta-protexe-coa-declaracion-bic-catro-sitios-arqueoloxicos-arte-esquematicaspan/0003_202002G19P33991.htm

O parque arqueolóxico da cultura castrexa de Ourense

https://pacc.es/es/

Entradas populares de este blog

Ultreia: adiante!

  Ultreia é o cántico que entoaban os peregrinos ao chegar a Compostela. É unha expresión de ánimo, xúbilo e saúdo. Significa " adiante! ". Chegou a través do Codex Calixtinus (s. XII), onde se cita como parte do texto da canción Dum Pater familias. A última frase, é a que lle proporciona o nome ao himno:                                    Herru Sanctiagu, Grot Sanctiagu. E ultreya e suseia. Deus aianos.                          Señor Santiago, Señor Santiago. Máis aló, máis arriba. Que Deus nos protexa. De feito, era habitual como saúdo cando un peregrino se cruzaba con outro: Ultreia! (máis aló). O outro respondía : Et suseia! (e máis arriba).                                      ...

Sincronización de personaxes con Scratch

Paseniño Do proxecto TIPS DE RUTA rescatamos algunhas entradas relacionadas co camiño de inverno ... https://tipsderuta-xogos.blogspot.com/ Durante o curso 15-16 no noso instituto impartiuse en 1º de ESO a optativa de programación. Como ferramenta principal decidiuse utilizar a linguaxe de programación Scratch. Para  motivar ao alumnado na aprendizaxe desta linguaxe, implementáronse distintos xogos, entre eles o popular "PacMan".  ACTIVIDADE 1 Como tarefa inicial acordáronse unhas instrucións globais sobre o xogo: - Cambiar o personaxe por defecto de Scratch (Suxerencia un comecocos). - Engadir como mínimo catro personaxes móbiles auxiliares que ao chocar co persoaxe farán que o xogador perda, e sete obxectos fixos que terá que "comer" o xogador para gañar. - Modificar o fondo blanco para o xogo cun laberinto, e engadir dous disfraces mais para indicar o fin de xogo cando se gaña e cando se perde. - Controlar o final do xogo segundo se gañe ou perda mediante unha va...

MetroMinuto de Rutas Saludables: mapa base

Primer mapa del proyecto: Mapa escolar Del proyecto TIPS DE RUTA incorporamos esta entrada sobre la realización de un mapa base para las rutas que explica cómo preparar un estudio de una ruta. Entre los diversos planos realizados está el que incluye el paso del Camino de Invierno por Monforte de Lemos. https://tipsderuta-aula.blogspot.com/2016/03/metrominuto-de-rutas-saludables-mapa.html Una vez elaborados los metrominutos escolares y de emergencias, preparamos la siguiente publicación sobre rutas saludables. La actividad se plantea al alumnado como una tarea para realizar en las vacaciones de Semana Santa en familia y presentar después en el aula. Este es el guión: Hacer un mapa sinóptico tipo metrominuto de una ruta elegida entre las propuestas por la profesora. Si no es posible hacer una ruta de Monforte se puede hacer una ruta por la zona donde vives. La ruta debe contener: FOTOS del inicio/fin y algún lugar relevante Tiempo total que se tarda en hacer la ruta (se pueden...