Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Consellería de Medio Rural

Estatística no monte

Árbore coa numeración para o catálogo do monte A posta en valor do Camiño pasa polo coidado do territorio polo que transcurre e da natureza que o envolve. A paisaxe galega, no seu interior, esconde fragas e bosques que forman parte da economía rural, moitos deles en mans das comunidades de montes veciñais, que son os que coidan destes bens dos que todos desfrutamos e que, ao mesmo tempo, son un sustento familiar. Temos que ser moi respetuosos e non deixar pegadas do noso paso, porque a xente que habita neses lugares ten alí a súa forma de vida e os froitos do seu traballo. Asemade, na época do verán e do outono hai risco de lumes, non debemos facer fogatas nin tirar lixo, e no caso de que vexamos algún fume chamaremos ao 085 para avisar deste avistamento.  Imaxe do fume dos grandes lumes da zona ourensá, 13 de setembro de 2020 (alto da Moá) ANEXO No ano 2018 a Consellería de Medio Rural publicou o primeiro anuario de estatística forestal , no que se recollen, entre outros, os dato...