Ir al contenido principal

Estatística no monte

Árbore que forma parte do catálogo do monte
Árbore coa numeración para o catálogo do monte

A posta en valor do Camiño pasa polo coidado do territorio polo que transcurre e da natureza que o envolve. A paisaxe galega, no seu interior, esconde fragas e bosques que forman parte da economía rural, moitos deles en mans das comunidades de montes veciñais, que son os que coidan destes bens dos que todos desfrutamos e que, ao mesmo tempo, son un sustento familiar.
Temos que ser moi respetuosos e non deixar pegadas do noso paso, porque a xente que habita neses lugares ten alí a súa forma de vida e os froitos do seu traballo. Asemade, na época do verán e do outono hai risco de lumes, non debemos facer fogatas nin tirar lixo, e no caso de que vexamos algún fume chamaremos ao 085 para avisar deste avistamento. 

Grandes lumes 13 de setembro 2020 (alto da Moá)
Imaxe do fume dos grandes lumes da zona ourensá, 13 de setembro de 2020 (alto da Moá)

ANEXO

No ano 2018 a Consellería de Medio Rural publicou o primeiro anuario de estatística forestal, no que se recollen, entre outros, os datos sobre a titularidade, a xestión, e boas prácticas silvícolas, no que destaca a provincia de Lugo, e mais concretamente, o distrito VIII, no que está a comarca de Lemos.
Captura do Anuario estatístico forestal do 2019


Entradas populares de este blog

Ultreia: adiante!

  Ultreia é o cántico que entoaban os peregrinos ao chegar a Compostela. É unha expresión de ánimo, xúbilo e saúdo. Significa " adiante! ". Chegou a través do Codex Calixtinus (s. XII), onde se cita como parte do texto da canción Dum Pater familias. A última frase, é a que lle proporciona o nome ao himno:                                    Herru Sanctiagu, Grot Sanctiagu. E ultreya e suseia. Deus aianos.                          Señor Santiago, Señor Santiago. Máis aló, máis arriba. Que Deus nos protexa. De feito, era habitual como saúdo cando un peregrino se cruzaba con outro: Ultreia! (máis aló). O outro respondía : Et suseia! (e máis arriba).                                      ...

Sincronización de personaxes con Scratch

Paseniño Do proxecto TIPS DE RUTA rescatamos algunhas entradas relacionadas co camiño de inverno ... https://tipsderuta-xogos.blogspot.com/ Durante o curso 15-16 no noso instituto impartiuse en 1º de ESO a optativa de programación. Como ferramenta principal decidiuse utilizar a linguaxe de programación Scratch. Para  motivar ao alumnado na aprendizaxe desta linguaxe, implementáronse distintos xogos, entre eles o popular "PacMan".  ACTIVIDADE 1 Como tarefa inicial acordáronse unhas instrucións globais sobre o xogo: - Cambiar o personaxe por defecto de Scratch (Suxerencia un comecocos). - Engadir como mínimo catro personaxes móbiles auxiliares que ao chocar co persoaxe farán que o xogador perda, e sete obxectos fixos que terá que "comer" o xogador para gañar. - Modificar o fondo blanco para o xogo cun laberinto, e engadir dous disfraces mais para indicar o fin de xogo cando se gaña e cando se perde. - Controlar o final do xogo segundo se gañe ou perda mediante unha va...

Xacobeo 2021

Camiño de Inverno, etapa Pobra de Brollón-Monforte de Lemos Bota contas Estamos a piques de comezar un ano novo, o 2021, que ten moito de especial porque é ano " xubilar ". No noso idioma esta palabra ten varias acepcións, pero as dúas mais comúns, moi relacionadas entre si, son: rematar o periodo de traballo profesional ao que dedicaches a túa vida , e ano dedicado ao descanso (no senso relixioso). Pensando nunha ou noutra, as matemáticas andan detrás do xubileu , porque hai que contar o tempo ata chegar a ese descanso formal ou relixioso. Segundo dí a Xacopedia , o sete e o cincuenta teñen a clave destes festexos. Por unha beira, cada sete anos chegaba o ano sabático , no que se daba descanso ás terras na honra divina, e cada cincuenta (remate de sete anos sabáticos, 7x7+1) era o " Ano Xubilar ", que mais tarde pasou a chamarse " Ano Santo " e así é como o denomina a tradición popular. Compre engadir as contas que nos levan ao título desta publicació...