Ir al contenido principal

Pendentímetro

Ángulos, pendentes e alturas

Nesta entrada imos contar que é, e cómo se utiliza un clinómetro-pendentímetro. O arquivo para imprimilo xunto cun mapa do camiño de inverno, pódese descargar neste enlace.

Un clinómetro é un aparello que serve para medir ángulos, neste caso, verticais. Tamén se chama goniómetro, inclinómetro, ...

Un pendentímetro é un instrumento que serve para medir pendentes.

Nós unimos ambas medicións nun só gráfico; vaia por diante que eliximos ter mais precisión cos graos que coa porcentaxe de pendente. O feito de ver ambos valores nunha mesma imaxe cumpre un obxectivo didáctico, axuda a relacionalas, e fai fincapé no concepto de pendente do 100% asociada a un ángulo de 45º (facemos o mesmo percorrido en horizontal que en vertical).

O ángulo fórmase ao enfocar con este aparello cara o punto mais alto dun obxecto. Un dos lados o marca o fío co peso, e o outro a liña vermella que pasa polo 0.

Clinómetro-Pendentímetro
A montaxe é sinxela, dobrar dúas veces sobre si mesmo o papel e pregar a parte superior polas beiras para poder mirar polo oco.
Lembra que tes que manter o plano do clinómetro perpendicular ao chan cando esteas a facer as medicións do ángulo vertical.
A partir deste valor, medindo tamén a distancia dende a nosa posición ata o lugar onde está o obxecto, podemos estimar a súa altura.






Se prefires ter só o clinómetro, tes varias opcións nos arquivos seguintes feitos polo alumnado de 1º de bacharelato. Neles atoparás as instrucións para completalo e os cálculos, tanto en castelán coma en galego, elixe a que mellor entendas.

VERSIÓN 1: emprega a tanxente do ángulo que indica o clinómetro.


VERSIÓN 2: Emprega a porcentaxe que marca o clinómetro


VERSIÓN 3: Emprega a porcentaxe que marca o clinómetro
 
VERSIÓN 4: Emprega a porcentaxe que marca o clinómetro, en castelán.
 
VERSIÓN 5 : Emprega a porcentaxe que marca o clinómetro
 VERSIÓN 6 : Emprega a porcentaxe que marca o clinómetro, en castelán
  VERSIÓN 7 : Emprega a tanxente do ángulo, en castelán

Entradas populares de este blog

Ultreia: adiante!

  Ultreia é o cántico que entoaban os peregrinos ao chegar a Compostela. É unha expresión de ánimo, xúbilo e saúdo. Significa " adiante! ". Chegou a través do Codex Calixtinus (s. XII), onde se cita como parte do texto da canción Dum Pater familias. A última frase, é a que lle proporciona o nome ao himno:                                    Herru Sanctiagu, Grot Sanctiagu. E ultreya e suseia. Deus aianos.                          Señor Santiago, Señor Santiago. Máis aló, máis arriba. Que Deus nos protexa. De feito, era habitual como saúdo cando un peregrino se cruzaba con outro: Ultreia! (máis aló). O outro respondía : Et suseia! (e máis arriba).                                      ...

Sincronización de personaxes con Scratch

Paseniño Do proxecto TIPS DE RUTA rescatamos algunhas entradas relacionadas co camiño de inverno ... https://tipsderuta-xogos.blogspot.com/ Durante o curso 15-16 no noso instituto impartiuse en 1º de ESO a optativa de programación. Como ferramenta principal decidiuse utilizar a linguaxe de programación Scratch. Para  motivar ao alumnado na aprendizaxe desta linguaxe, implementáronse distintos xogos, entre eles o popular "PacMan".  ACTIVIDADE 1 Como tarefa inicial acordáronse unhas instrucións globais sobre o xogo: - Cambiar o personaxe por defecto de Scratch (Suxerencia un comecocos). - Engadir como mínimo catro personaxes móbiles auxiliares que ao chocar co persoaxe farán que o xogador perda, e sete obxectos fixos que terá que "comer" o xogador para gañar. - Modificar o fondo blanco para o xogo cun laberinto, e engadir dous disfraces mais para indicar o fin de xogo cando se gaña e cando se perde. - Controlar o final do xogo segundo se gañe ou perda mediante unha va...

MetroMinuto de Rutas Saludables: mapa base

Primer mapa del proyecto: Mapa escolar Del proyecto TIPS DE RUTA incorporamos esta entrada sobre la realización de un mapa base para las rutas que explica cómo preparar un estudio de una ruta. Entre los diversos planos realizados está el que incluye el paso del Camino de Invierno por Monforte de Lemos. https://tipsderuta-aula.blogspot.com/2016/03/metrominuto-de-rutas-saludables-mapa.html Una vez elaborados los metrominutos escolares y de emergencias, preparamos la siguiente publicación sobre rutas saludables. La actividad se plantea al alumnado como una tarea para realizar en las vacaciones de Semana Santa en familia y presentar después en el aula. Este es el guión: Hacer un mapa sinóptico tipo metrominuto de una ruta elegida entre las propuestas por la profesora. Si no es posible hacer una ruta de Monforte se puede hacer una ruta por la zona donde vives. La ruta debe contener: FOTOS del inicio/fin y algún lugar relevante Tiempo total que se tarda en hacer la ruta (se pueden...