Ir al contenido principal

Andaina

Coa entrada da primaveira preparamos unha andaina dende o noso centro educativo por un pequeno tramo do Camiño de Inverno.

Previamente fixemos unha análise das observacións que se poderían facer no percorrido dende distintos puntos de vista, e que nos levarían, mais tarde, a desenvolver contidos das nosas materias.

Imaxes tomadas durante a preparación da andaina

Foron moitas as ideas traballadas polo profesorado implicado, das que, finalmente, seleccionamos dúas: "medicións" e "Machine Learning".

MEDICIÓNS e APRENDIZAXE MÁQUINA

Os teléfonos móbiles permiten a toma de datos desasistida/asistida. Nós empregaremos as aplicacións do IGN para gravar o track e puntos de interese. Con respecto á medición de ángulos usaremos o pendentímetro de elaboración propia, e para a tarefa de "Machine Learning", google lens.

Estas observacións gardaranse nos formularios creados no proxecto "Andaina Caminho de Inverno", desenvolvido coa aplicación Epicollect5, que consta de dous formularios, un para a parte de medición e outro para a de aprendizaxe máquina.

Portada do proxecto en Epicollect5


Estamos a facer a primeira sensibilización do alumnado sobre o ámbito da Intelixencia Artificial, de identificación de patróns nas imaxes e posterior aprendizaxe do uso/significado destes.
Cada vez que preguntemos a google lens daremos unha  información coa que o sistema aprenderá se a resposta dada e ou non axeitada, será a nosa contribución ao "aprendizaxe supervisado".

Infografía tomada da web https://www.seoptimer.com/es/blog/que-es-google-lens-y-para-que-sirve/

Exemplos de Google Lens


Exemplo de uso da opción texto en google lens

Exemplo de busca coa opción "sitio" no que se aprecia como a aplicación marca puntos da imaxe para buscar patróns, neste caso enfocamos cara o conxunto monumental de San Vicente para ver si era quen de dicir que estamos en Monforte pero o resultado foi erróneo. Nestes casos podemos contribuir a aprendizaxe facendo uso da opción que se indica ao final da pantalla.

A activación de google lens pode facerse dende o buscador de google ou dende google fotos
Botón de activación dende google fotos






Entradas populares de este blog

Ultreia: adiante!

  Ultreia é o cántico que entoaban os peregrinos ao chegar a Compostela. É unha expresión de ánimo, xúbilo e saúdo. Significa " adiante! ". Chegou a través do Codex Calixtinus (s. XII), onde se cita como parte do texto da canción Dum Pater familias. A última frase, é a que lle proporciona o nome ao himno:                                    Herru Sanctiagu, Grot Sanctiagu. E ultreya e suseia. Deus aianos.                          Señor Santiago, Señor Santiago. Máis aló, máis arriba. Que Deus nos protexa. De feito, era habitual como saúdo cando un peregrino se cruzaba con outro: Ultreia! (máis aló). O outro respondía : Et suseia! (e máis arriba).                                      ...

Sincronización de personaxes con Scratch

Paseniño Do proxecto TIPS DE RUTA rescatamos algunhas entradas relacionadas co camiño de inverno ... https://tipsderuta-xogos.blogspot.com/ Durante o curso 15-16 no noso instituto impartiuse en 1º de ESO a optativa de programación. Como ferramenta principal decidiuse utilizar a linguaxe de programación Scratch. Para  motivar ao alumnado na aprendizaxe desta linguaxe, implementáronse distintos xogos, entre eles o popular "PacMan".  ACTIVIDADE 1 Como tarefa inicial acordáronse unhas instrucións globais sobre o xogo: - Cambiar o personaxe por defecto de Scratch (Suxerencia un comecocos). - Engadir como mínimo catro personaxes móbiles auxiliares que ao chocar co persoaxe farán que o xogador perda, e sete obxectos fixos que terá que "comer" o xogador para gañar. - Modificar o fondo blanco para o xogo cun laberinto, e engadir dous disfraces mais para indicar o fin de xogo cando se gaña e cando se perde. - Controlar o final do xogo segundo se gañe ou perda mediante unha va...

MetroMinuto de Rutas Saludables: mapa base

Primer mapa del proyecto: Mapa escolar Del proyecto TIPS DE RUTA incorporamos esta entrada sobre la realización de un mapa base para las rutas que explica cómo preparar un estudio de una ruta. Entre los diversos planos realizados está el que incluye el paso del Camino de Invierno por Monforte de Lemos. https://tipsderuta-aula.blogspot.com/2016/03/metrominuto-de-rutas-saludables-mapa.html Una vez elaborados los metrominutos escolares y de emergencias, preparamos la siguiente publicación sobre rutas saludables. La actividad se plantea al alumnado como una tarea para realizar en las vacaciones de Semana Santa en familia y presentar después en el aula. Este es el guión: Hacer un mapa sinóptico tipo metrominuto de una ruta elegida entre las propuestas por la profesora. Si no es posible hacer una ruta de Monforte se puede hacer una ruta por la zona donde vives. La ruta debe contener: FOTOS del inicio/fin y algún lugar relevante Tiempo total que se tarda en hacer la ruta (se pueden...