Ultreia é o cántico que entoaban os peregrinos ao chegar a Compostela. É unha expresión de ánimo, xúbilo e saúdo. Significa "adiante!". Chegou a través do Codex Calixtinus (s. XII), onde se cita como parte do texto da canción Dum Pater familias.
A última frase, é a que lle proporciona o nome ao himno:
Herru Sanctiagu, Grot Sanctiagu. E ultreya e suseia. Deus aianos.
Señor Santiago, Señor Santiago. Máis aló, máis arriba. Que Deus nos protexa.
De feito, era habitual como saúdo cando un peregrino se cruzaba con outro: Ultreia! (máis aló). O outro respondía : Et suseia! (e máis arriba).
Agora soemos dicir, simplemente, Bo camiño!
The Pilgrimage to Santiago
En 1989 un pelegrín francés, Jean Claude Benàzet, compuxo unha canción con este título que pronto se fixo popular entre os camiñantes, podes atopar mais información na web