Camiño de Inverno, etapa Pobra de Brollón-Monforte de Lemos Bota contas Estamos a piques de comezar un ano novo, o 2021, que ten moito de especial porque é ano " xubilar ". No noso idioma esta palabra ten varias acepcións, pero as dúas mais comúns, moi relacionadas entre si, son: rematar o periodo de traballo profesional ao que dedicaches a túa vida , e ano dedicado ao descanso (no senso relixioso). Pensando nunha ou noutra, as matemáticas andan detrás do xubileu , porque hai que contar o tempo ata chegar a ese descanso formal ou relixioso. Segundo dí a Xacopedia , o sete e o cincuenta teñen a clave destes festexos. Por unha beira, cada sete anos chegaba o ano sabático , no que se daba descanso ás terras na honra divina, e cada cincuenta (remate de sete anos sabáticos, 7x7+1) era o " Ano Xubilar ", que mais tarde pasou a chamarse " Ano Santo " e así é como o denomina a tradición popular. Compre engadir as contas que nos levan ao título desta publicació...