Ir al contenido principal

XEOMIRADOIRO

Do proxecto Hydraula ...

Rescatamos esta entrada que nos axudará a preparar actividades relacionadas coas materias de educación física, matemáticas, ciencias ... respecto do camiño de inverno.

Que é un xeomiradoiro

A paisaxe do sur lucense está chea de lugares fermosos. Un deles é o meandro que forma o río Sil na Serra de A Moá. Pero iste non é o único elemento xeográfico importante. Esta zona ten varios pregues xeolóxicos, e por iso se inclúe na candidatura presentada á UNESCO para formar parte do  que pode ser o primeiro parque xeolóxico de Galicia. Para visualizalos veñen de acondicionarse varios "xeomiradoiros", coma o de Louxoá, cara ao meandro de A Cubela, e o de Pena do Ladeiro, na estrada de Torbeo a San Clodio, frente ao sinclinal do Sil. Agardamos que al longo do ano 2018 se consiga o nomeamento de xeoparque para as comarcas de Ribas de Sil, Quiroga e Courel, cuxa visita está mais que recomendada [1].


Axente Medioambiental investigando un lume causado por un raio no cumio do Monte de A Cubela

Propostas de aula

A proposta toma como exemplo a saída realizada polo alumnado de 1º e 2º de ESO cos profesores de Xeografía e Historia, Matemáticas e Educación Física. Trátase dunha actividade interdisciplinar na que os tres departamentos comparten obxectivos e avalían de forma conxunta.

A idea inicial parte da aficción dos tres profesores polos roteiros, no meu caso publicados no blog http://www.caracochas.com/ de sendeirisimo e xeocaching.

Pensamos que unha saída interesante podía incluir un meandro, e eliximos o que se describe nos parágrafos anteriores, o de A cubela, a partir de ahí construimos a actividade de aula que agora se describe.

Actividade sobre unha ruta con meandros

1-Elabora un mapa compartido con rutas que teñan un meandro. Engade comentarios sobre as súas características máis importantes como:
  • Vexetación da zona, fauna, materiais de construcción das vivendas, xeoloxía, economía, ...
  • Estudo dos parámetros da ruta extraídos do track:
    • Altitude máxima e mínima, pendentes, lonxitude, curvatura do meandro ..
    • Xeocaching.
2-Nunha entrada anterior  explícanse as curvas dos ríos e cómo empregar un visor para estudar a súa curvatura. Aplícao neste caso.
3-No proxecto "Tips de ruta" explícase cómo estudar a xeometría dunha ruta empregando a ferramenta "mostrar perfil de elevación" de google earth, revisa esta entrada e fai o perfil de elevación da ruta. Podes obter este perfil empregando outras ferramentas online como wikiloc.
4-Comparando rutas: dentro do proxecto etwinning se engaden preguntas sobre estudo compartido de rutas, como comparación de parámetros dos tracks, consúltaos.

Powered by Wikiloc

O noso exemplo

E que foi o que vimos?, evidentemente a parte de analizar mapas sobre o terreo, practicar deporte e coñecer a aplicación das matemáticas sobre os elementos que podemos ver, a saída foi tamén unha excelente clase de xeografía. Coñecemos in situ un meandro como é o da Cubela, pero non un meandro calquera, senón que se debe a unhas características orográficas concretas. O terreo debido ao pregamento das fallas afundiuse cambiando o curso do río Sil, que buscou as zonas baixas para formar o novo curso. Debido ás características de ese pregamento o río formou un curso caprichoso entre o cañón, formando esa curva  de case 360 graos que é o meandro. O da Cubela non é o único do Sil, pero si o mais espectacular.

A saída non foi só coñecer un meandro; Galicia está afectada por un clima oceánico, moi chuvioso, con invernos suaves e veráns frescos. Practicamente todo o territorio  presenta estas características, case, por que na zona dos cañóns temos manchas afectadas polo clima mediterráneo xunto coa súa vexetación, árbores perennes, albedros, sobreiras... que o alumnado pode coñecer e comparar co bosque atlántico da súa contorna máis próxima.
Pero non todo vai a ser xeografía, a Cubela está emprazada sobre unha antiga mina aurífera romana, na que se extraía o mineral coa técnica do ruina montium; minería hidráulica que deixa unha pegada sobre o terreo e que o alumnado puido coñecer.
Para rematar, xeocaching; escondemos un tesouriño, e o alumnado puido coñecer o uso dixital das coordenadas xeográficas nun gps, contrastando esas mesmas coordenadas nun mapa convencional de papel.

E por suposto, fotos e outros elementos que animen a visitalo.


WEBS VISITADAS

Entradas populares de este blog

Ultreia: adiante!

  Ultreia é o cántico que entoaban os peregrinos ao chegar a Compostela. É unha expresión de ánimo, xúbilo e saúdo. Significa " adiante! ". Chegou a través do Codex Calixtinus (s. XII), onde se cita como parte do texto da canción Dum Pater familias. A última frase, é a que lle proporciona o nome ao himno:                                    Herru Sanctiagu, Grot Sanctiagu. E ultreya e suseia. Deus aianos.                          Señor Santiago, Señor Santiago. Máis aló, máis arriba. Que Deus nos protexa. De feito, era habitual como saúdo cando un peregrino se cruzaba con outro: Ultreia! (máis aló). O outro respondía : Et suseia! (e máis arriba).                                      ...

Sincronización de personaxes con Scratch

Paseniño Do proxecto TIPS DE RUTA rescatamos algunhas entradas relacionadas co camiño de inverno ... https://tipsderuta-xogos.blogspot.com/ Durante o curso 15-16 no noso instituto impartiuse en 1º de ESO a optativa de programación. Como ferramenta principal decidiuse utilizar a linguaxe de programación Scratch. Para  motivar ao alumnado na aprendizaxe desta linguaxe, implementáronse distintos xogos, entre eles o popular "PacMan".  ACTIVIDADE 1 Como tarefa inicial acordáronse unhas instrucións globais sobre o xogo: - Cambiar o personaxe por defecto de Scratch (Suxerencia un comecocos). - Engadir como mínimo catro personaxes móbiles auxiliares que ao chocar co persoaxe farán que o xogador perda, e sete obxectos fixos que terá que "comer" o xogador para gañar. - Modificar o fondo blanco para o xogo cun laberinto, e engadir dous disfraces mais para indicar o fin de xogo cando se gaña e cando se perde. - Controlar o final do xogo segundo se gañe ou perda mediante unha va...

MetroMinuto de Rutas Saludables: mapa base

Primer mapa del proyecto: Mapa escolar Del proyecto TIPS DE RUTA incorporamos esta entrada sobre la realización de un mapa base para las rutas que explica cómo preparar un estudio de una ruta. Entre los diversos planos realizados está el que incluye el paso del Camino de Invierno por Monforte de Lemos. https://tipsderuta-aula.blogspot.com/2016/03/metrominuto-de-rutas-saludables-mapa.html Una vez elaborados los metrominutos escolares y de emergencias, preparamos la siguiente publicación sobre rutas saludables. La actividad se plantea al alumnado como una tarea para realizar en las vacaciones de Semana Santa en familia y presentar después en el aula. Este es el guión: Hacer un mapa sinóptico tipo metrominuto de una ruta elegida entre las propuestas por la profesora. Si no es posible hacer una ruta de Monforte se puede hacer una ruta por la zona donde vives. La ruta debe contener: FOTOS del inicio/fin y algún lugar relevante Tiempo total que se tarda en hacer la ruta (se pueden...