Ir al contenido principal

Xacobeo 2021

Calendario mes xullo con imaxe do camiño de Inverno
Camiño de Inverno, etapa Pobra de Brollón-Monforte de Lemos


Bota contas

Estamos a piques de comezar un ano novo, o 2021, que ten moito de especial porque é ano "xubilar".

No noso idioma esta palabra ten varias acepcións, pero as dúas mais comúns, moi relacionadas entre si, son: rematar o periodo de traballo profesional ao que dedicaches a túa vida, e ano dedicado ao descanso (no senso relixioso).

Pensando nunha ou noutra, as matemáticas andan detrás do xubileu, porque hai que contar o tempo ata chegar a ese descanso formal ou relixioso.

Segundo dí a Xacopedia, o sete e o cincuenta teñen a clave destes festexos. Por unha beira, cada sete anos chegaba o ano sabático, no que se daba descanso ás terras na honra divina, e cada cincuenta (remate de sete anos sabáticos, 7x7+1) era o "Ano Xubilar", que mais tarde pasou a chamarse "Ano Santo" e así é como o denomina a tradición popular.

Compre engadir as contas que nos levan ao título desta publicación:

  • por qué o dous mil viente e un, MMXXI, é un ano xubilar se non é múltiplo de cincuenta, nin de sete?
  • que é iso de Xacobeo 2021?

Xacobeo 2021



Antes de nada dicir que aplicamos a expresión "Ano Xacobeo" a un Ano Santo, que ocorre cando o día do apóstolo Santiago, o vinte e cinco de xullo (mes sete ...), é domingo (sétimo día ...).

Se non fose polos anos bisiestos, sería doado calcular cando é o Ano Santo, pero esta disparidade fai que non sexan cada sete anos, e por iso compre facerse a pregunta de cada canto ocorre este evento.

Non imos publicar aquí a resposta, porque vai ser unha tarefa de aula a facer á volta destas vacacións, pero si daremos algunha pista ...

- A primeira é que o anterior Ano Santo foi o 2010, bota contas.

- A segunda pódela atopar no portal brasileiro  https://www.caminhodesantiago.com/ no que, ademais de  moita información vinculada ás distintas rutas do Camiño, pódese descargar unha calculadora de Ano Santo feita cunha folla de cálculo.

- A terceira ten que ver co acontecemento que marca o arranque da festividade, a apertura da Porta Santa ou Porta do Perdón. Neste enlace podes ler cada canto tempo se abre, o que está a piques de ocorrer porque a conta atrás xa está iniciada.

E para os mais calculistas, o 2021 non é un número primo, pero é produto de dous primos; pescuda cales son.

Entradas populares de este blog

Ultreia: adiante!

  Ultreia é o cántico que entoaban os peregrinos ao chegar a Compostela. É unha expresión de ánimo, xúbilo e saúdo. Significa " adiante! ". Chegou a través do Codex Calixtinus (s. XII), onde se cita como parte do texto da canción Dum Pater familias. A última frase, é a que lle proporciona o nome ao himno:                                    Herru Sanctiagu, Grot Sanctiagu. E ultreya e suseia. Deus aianos.                          Señor Santiago, Señor Santiago. Máis aló, máis arriba. Que Deus nos protexa. De feito, era habitual como saúdo cando un peregrino se cruzaba con outro: Ultreia! (máis aló). O outro respondía : Et suseia! (e máis arriba).                                      ...

Sincronización de personaxes con Scratch

Paseniño Do proxecto TIPS DE RUTA rescatamos algunhas entradas relacionadas co camiño de inverno ... https://tipsderuta-xogos.blogspot.com/ Durante o curso 15-16 no noso instituto impartiuse en 1º de ESO a optativa de programación. Como ferramenta principal decidiuse utilizar a linguaxe de programación Scratch. Para  motivar ao alumnado na aprendizaxe desta linguaxe, implementáronse distintos xogos, entre eles o popular "PacMan".  ACTIVIDADE 1 Como tarefa inicial acordáronse unhas instrucións globais sobre o xogo: - Cambiar o personaxe por defecto de Scratch (Suxerencia un comecocos). - Engadir como mínimo catro personaxes móbiles auxiliares que ao chocar co persoaxe farán que o xogador perda, e sete obxectos fixos que terá que "comer" o xogador para gañar. - Modificar o fondo blanco para o xogo cun laberinto, e engadir dous disfraces mais para indicar o fin de xogo cando se gaña e cando se perde. - Controlar o final do xogo segundo se gañe ou perda mediante unha va...

Parques biosaludables del Camino

Etapa 5. Parque biosaludable al lado de la iglesia de San Salvador de Moreda Etapa 5 Monforte-Chantada. Moreda Etapa 5. Parque biosaludable al lado de la iglesia de San Salvador de Moreda Parques biosaludables del Camino Los parques biosaludables son espacios equipados para hacer deporte. En muchos pueblos gallegos, y más concretamente en la comarca de Lemos, se han instalado para que la población adulta se anime a mejorar su forma física. Para un peregrino es importante hacer estiramientos que le ayuden a mantener el tono muscular y estos recintos pueden ser una gran ayuda. COMACINCO & Camino de Invierno Del proyecto  COMACINCO  realizado en nuestro centro en el curso 2017-2018 tomamos  esta entrada sobre los parques biosaludables . En ella se propone al alumnado realizar una investigación sobre sus elementos y animar a una persona de su familia a utilizarlos explicándole su funcionamiento. Actividad para el alumnado (Educación física) Elegir una máquina o aparato de...