Ir al contenido principal

Senlleiro

Sobreira de Santiorxo (96A, Pobra de Brollón)
Sobreira Milenaria (A Pobra de Brollón)

A Real Academia Galega (RAG) define o adxectivo senlleiro  como sen igual, incomparable. Este termo é o elixido para denominar ás árbores que teñan características extraordinarias e que merezan ser protexidas en atención á súa idade, rareza, dendrometría, ou singularidade. Lóxicamente hai criterios mais específicos que se poden consultar na web da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, xa que dende o ano 2007 existe un catálogo de árbores senlleiras que periódicamente é actualizado. A última revisión foi en decembro de 2019 (DOG do 14 de agosto de 2020), e a listaxe completa podémola descargar neste sitio. Asemade, en xaneiro de 2019 presentouse a primeira guía de viaxes de árboles senlleiros galegos, que nos invita a facer un percorrido polos cincuenta exemplares mais destacados (descargar a guía).

Teixo de Cereixido (143A, Quiroga)
Teixo de Cereixido (Quiroga)

O que agora nos interesa e saber se podemos desfrutar da visión dalgunha destas árbores ao facer o Camiño de Inverno, e de paso estimar dúas dimensións de interese, o diámetro e a altura. Para iso descargamos o arquivo kml coa situación destas e o kml do camiño e ao superpoñelo empregando google earth comprobamos que non hai coincidencias polo que non se atopan perto da ruta. Outras opcións, como o Camiño Francés si gozan desta posibilidade, en todo caso sempre podemos facer un descanso e desviarnos un pouco para contemplar estes monumentos da natureza.

(Mapa actualizado a novembro de 21)


ANEXO

Descarga da cartografía SIX das árbores senlleiras

Descarga do KML do Camiño de Inverno



Entradas populares de este blog

Ultreia: adiante!

  Ultreia é o cántico que entoaban os peregrinos ao chegar a Compostela. É unha expresión de ánimo, xúbilo e saúdo. Significa " adiante! ". Chegou a través do Codex Calixtinus (s. XII), onde se cita como parte do texto da canción Dum Pater familias. A última frase, é a que lle proporciona o nome ao himno:                                    Herru Sanctiagu, Grot Sanctiagu. E ultreya e suseia. Deus aianos.                          Señor Santiago, Señor Santiago. Máis aló, máis arriba. Que Deus nos protexa. De feito, era habitual como saúdo cando un peregrino se cruzaba con outro: Ultreia! (máis aló). O outro respondía : Et suseia! (e máis arriba).                                      ...

Sincronización de personaxes con Scratch

Paseniño Do proxecto TIPS DE RUTA rescatamos algunhas entradas relacionadas co camiño de inverno ... https://tipsderuta-xogos.blogspot.com/ Durante o curso 15-16 no noso instituto impartiuse en 1º de ESO a optativa de programación. Como ferramenta principal decidiuse utilizar a linguaxe de programación Scratch. Para  motivar ao alumnado na aprendizaxe desta linguaxe, implementáronse distintos xogos, entre eles o popular "PacMan".  ACTIVIDADE 1 Como tarefa inicial acordáronse unhas instrucións globais sobre o xogo: - Cambiar o personaxe por defecto de Scratch (Suxerencia un comecocos). - Engadir como mínimo catro personaxes móbiles auxiliares que ao chocar co persoaxe farán que o xogador perda, e sete obxectos fixos que terá que "comer" o xogador para gañar. - Modificar o fondo blanco para o xogo cun laberinto, e engadir dous disfraces mais para indicar o fin de xogo cando se gaña e cando se perde. - Controlar o final do xogo segundo se gañe ou perda mediante unha va...

MetroMinuto de Rutas Saludables: mapa base

Primer mapa del proyecto: Mapa escolar Del proyecto TIPS DE RUTA incorporamos esta entrada sobre la realización de un mapa base para las rutas que explica cómo preparar un estudio de una ruta. Entre los diversos planos realizados está el que incluye el paso del Camino de Invierno por Monforte de Lemos. https://tipsderuta-aula.blogspot.com/2016/03/metrominuto-de-rutas-saludables-mapa.html Una vez elaborados los metrominutos escolares y de emergencias, preparamos la siguiente publicación sobre rutas saludables. La actividad se plantea al alumnado como una tarea para realizar en las vacaciones de Semana Santa en familia y presentar después en el aula. Este es el guión: Hacer un mapa sinóptico tipo metrominuto de una ruta elegida entre las propuestas por la profesora. Si no es posible hacer una ruta de Monforte se puede hacer una ruta por la zona donde vives. La ruta debe contener: FOTOS del inicio/fin y algún lugar relevante Tiempo total que se tarda en hacer la ruta (se pueden...