Coa entrada da primaveira preparamos unha andaina dende o noso centro educativo por un pequeno tramo do Camiño de Inverno. Previamente fixemos unha análise das observacións que se poderían facer no percorrido dende distintos puntos de vista, e que nos levarían, mais tarde, a desenvolver contidos das nosas materias. Imaxes tomadas durante a preparación da andaina Foron moitas as ideas traballadas polo profesorado implicado, das que, finalmente, seleccionamos dúas: "medicións" e "Machine Learning". MEDICIÓNS e APRENDIZAXE MÁQUINA Os teléfonos móbiles permiten a toma de datos desasistida/asistida. Nós empregaremos as aplicacións do IGN para gravar o track e puntos de interese. Con respecto á medición de ángulos usaremos o pendentímetro de elaboración propia, e para a tarefa de "Machine Learning", google lens . Estas observacións gardaranse nos formularios creados no proxecto " Andaina Caminho de Inverno ", desenvolvido coa aplicación Epicollect5 ,...